Curso Monitor/a de Tempo Libre

Curso Monitor/a Tempo Libre en Vigo. A titulación de monitores de actividades de tempo libre é un título que concede a  Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia. Para a súa obtención están recoñecidas unhas institucións chamadas “Escolas de tempo libre”. Entre estas encóntrase a Escola de tempo libre e animación sociocultural DON BOSCO (ETLDB), recoñecida a tal efecto o 1 de xuño de 1986.
REQUISITOS
Para a matrícula no curso de monitores é imprescindible cumprir estes requisitos:
·    Ter cumpridos os 18 anos no comezo do curso (engadir fotocopia do DNI)
·    Ter graduado en educación secundaria, graduado escolar, técnico auxiliar en FP ou equivalente.

PREZO: 250 EUROS (taxas de expedición do título non incluídas)

DESCRICIÓN DO CURSO 
Para a obtención deste título, o alumno/a debe superar dúas fases descritas no decreto vixente na actualidade.
A PRIMEIRA FASE, chamada teórico-práctica, é a que se corresponde propiamente co curso. Ten unha duración de 200 horas organizadas en 20 xornadas de 10 horas cada unha, correspondentes polo xeral a unha materia do plano de estudios descrita no citado decreto, adaptado por esta ETLDB dentro das súas competencias.
Combinarase o modelo presencial e online segundo determina a normativa autonómica.
A SEGUNDA FASE correspóndese cun período de prácticas, nunha destas dúas modalidades:
    – 14 días de actividades ao aire libre (campamentos, colonias…) en bloques non inferiores a tres días.
    – 150 horas en actividades cunha entidade que traballe no eido da educación no tempo libre.

A MAIORES o alumnado que así o desexe poden complementar esta titulación oficial co certificado de manipulación de alimentos e co certificado de prevención de riscos no tempo libre (incluído no prezo do CMTL).
DATAS: 7, 8, 9 ,10, 11, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 20, 21, 22, 23, 27, 28, 29, 30 DE XUÑO E 1 DE XULLO
(*) As datas poden sufrir algunha variación por causas organizativas pero sen modificar nin a data de inicio nin a data de finalización.
A maioría do curso desenvolverase de forma presencial. Unha pequena porcentaxe das horas do curso realizarase de forma online que poderían aumentar si a situación sanitaria así o requerira.
HORARIO:
• As sesións realizaranse en horarios de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00.
• As sesións online impartiranse cos seguintes criterios:
◦ Videochamadas grupais de asistencia obrigatoria a realizar entre as 9:00 e as 14.00 e/ou de 16:00 a 21:00.
◦ Traballos e tarefas na aula virtual
AVALIACIÓN
A avaliación de ambas fases correspóndelle á ETL, baseándose en criterios establecidos ao comezo de cada curso.
Normas xerais de inscrición
A inscrición deste Curso Monitor/a Tempo Libre en Vigo farase online (enlace ao final deste artigo), formalizándose coa entrega de 75 € do importe total do curso.
O restante 175 € da matrícula terase que abonar antes do ecuador do curso. No caso dalgunha dificultade á hora de pagar a matrícula, estudarase cada caso de xeito particular.
O prazo de matrícula é ata o 24 de maio ou ben ata acadar o límite de 25 prazas. O importe do curso inclúe os materiais básicos, o seguro e os dereitos académicos.
As prazas son limitadas, e cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Non se realizan reservas.

+Información: ABERTAL