Curso Santander English Online 2024 – British Council

O obxectivo do Programa “Curso Santander | English Online 2024 – British Council” é ofrecer a oportunidade aos mozos de mellorar as súas competencias en inglés a fin de mellorar a súa empregabilidade.

O curso desenvólvese en dúas fases. A primeira, que contará cos 8.000 participantes seleccionados, e a segunda, exclusiva para os 2.000 con mellores resultados.

Tras inscribirte, recibirás unha ligazón para facer a proba de habilidades. Se non o completas, non se che considerará para a praza. O British Council realizará o proceso de selección para outorgar as prazas baseado no resultado automatizado da proba de habilidades.

Requisitos
Ser maior de 18 anos no momento da solicitude.
Solicitar o curso a través de Santander Open Academy.
Facer a proba de habilidades. Non é un test de nivel de inglés. Recomendámosche que fagas as probas no teu idioma materno. (A ligazón para realizar a proba chégache a través do correo de confirmación de inscrición).

Dotación
Este curso inclúe todos os gastos de matrícula e formación e non hai ningún custo que deba abonar o candidato.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 10 de abril de 2024.

Máis información
https://app.santanderopenacademy.com
https://www.britishcouncil.es/
santanderopenacademy@britishcouncil.org