Curso sobre árbores e bosques no inverno

Datas: 16, 18, 23, 25, 30 de novembro; 2 de decembro de 2021
Horario: de 17:00 a 19:00
Lugar: edificio Mar de Vigo, planta 5ª aula 7 (entrada pola porta da UNED, Avda. de Beiramar, 57)
            Ligazón a google maps
Saída: ao remate do curso haberá unha saída de campo a un bosque que se concretará durante as clases

Para inscribirse debe cubrir o formulario “inscricións” da páxina web snl.vigo.org
No título de actividade debe poñer: árbores

– Identificación das árbores no inverno e curiosidades. Os bosques galegos. A Fitotoponimia galega. Os nomes das árbores e dos bosques. O refraneiro galego.
– Espidas? Soas? Durmidas? A hibernación, alimentación e respiración das árbores no inverno. Somos seres vivos.
– Antropoloxía. O Nadal e o Solsticio de inverno. O Apalpador e os bosques galegos. A tradición europea.
Curso dirixido a persoas adultas coñecedoras da lingua galega para perfeccionar o seu galego e achegarse ao noso patrimonio natural e cultural.