Cursos de idiomas en Europa durante o verán

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca 170 axudas para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2023, do alumnado universitario matriculado no curso 2022/23 nalgunha das universidades de Galicia co obxecto de coñecer a lingua dese país.

As actividades para as que se solicita a axuda terán que ser realizadas no período comprendido, exclusivamente, entre o 15 de xuño e o 31 de agosto de 2023, ambos incluídos.
dotación económica asignada a cada persoa beneficiaria será dun máximo de 1.000 €.

Requisitos:
– Estar matriculado no curso 2022/23, como mínimo en 50 créditos, excluídos os recoñecidos, convalidados ou adaptados, en calquera das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, e ter superado 60 créditos con data do 30 de setembro de 2022, excluídos tamén os recoñecidos, convalidados ou adaptados.
O alumnado que estea matriculado no traballo fin de grao poderá incluír os créditos que lle correspondan dentro do mínimo dos 50 créditos exixidos.
– O curso de idiomas debe ser presencial, ter unha duración mínima de tres semanas, excluídas as datas da viaxe, e un mínimo de 60 horas lectivas. O idioma que se desexe cursar deberá corresponderse co idioma oficial do país elixido.

prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 14 de marzo de 2023.
As solicitudes realizaranse a través de https://sede.xunta.es co procedemento ED416A
Máis información no DOG do 9 de xaneiro de 2023 e en orientacion.sug@edu.xunta.es