Cursos de iniciación á lingua galega, niveis 0 e 1

No vindeiro mes de outubro, a Concellaría de Normalización Lingüística organiza cursos de iniciación á lingua galega, niveis 0 e 1.

O vindeiro 4 de outubro comezan dous cursos de iniciación á lingua galega. O nivel 0 (horario de mañá) está destinado a quen careza de coñecementos de lingua galega. O nivel 1 (horario de tarde) a quen teña uns mínimos coñecementos de galego. Os cursos son de balde, e para se inscribir cómpre cubrir o formulario que se relaciona na información, ou nesta mesma páxina no apartado “inscrición”. Ha de se indicar para que curso se inscribe.

Os cursos van realizarse no auditorio Mar de Vigo, na planta 5ª.

Achegamos información detallada dos cursos e as programacións.

INFORMACIÓN CURSOS DE INICIACIÓN Á LINGUA GALEGA

INFORMACIÓN NIVEL 0

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DO NIVEL 0PDFINFORMACIÓN DO NIVEL 1

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DO NIVEL 1