Cursos de Lingua de Signos Española

Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) impartirá cursos de Lingua de Signos Española a partir de setembro en diferentes niveis e modalidades: presencial e en liña.

En modalidade en liña:

– Nivel A1.2, de 30 horas
– Nivel A1-A2, de 150 horas
– Nivel B1.1, de 60 horas
– Nivel B2.1, de 70 horas
Os cursos en liña de Nivel A1.2, A1-A2 e B1.1  impartirán a través da plataforma en liña Signocampus dispoñible as 24 horas, sen horarios. No curso en liña de Nivel B2.1 si haberá clases a través de Zoom.

En canto á modalidade presencial, impartirán cursos de Nivel A1, e as clases terán unha duración de 2 horas, con dúas sesións por semana. Ofrecerán estes cursos nas 7 cidades de Galicia e en horarios de mañá ou tarde.

Non é necesario contar con coñecementos previos para os cursos iniciais que son o A1-A2 en liña e o A1 presencial. Para o resto de cursos é necesario completar o nivel anterior.

A finais de ano publicarán a oferta formativa xa para 2025, na que incluirán os seguintes niveis de formación (Niveis A2, B1.2 e B2.2) para manter a continuidade na aprendizaxe.

Os cursos están adaptados ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas e contan con profesorado Especialista en LSE, nativos/as signantes.

Os cursos están dirixidos a persoas maiores de 16 anos, interesadas na aprendizaxe da Lingua de Signos Española como segunda lingua, un idioma máis.

O prazo de matrícula para algúns cursos é ata o 29 de agosto e para outros ata o 10 de setembro de 2024, e en todo caso, ata esgotar o límite de prazas dispoñibles.

Para máis información, podedes contactar co email lsecursos@faxpg.es

https://www.faxpg.es/cursos-lengua-de-signos-lse-2024-2025-es.html