Cursos de Software libre

En 2024 Galpón (Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra), ten prevista a realización dunha serie de obradoiros, dous deles enfocados na seguridade e outros dous no uso de software para fotografía e para radioafeccionados.

Para poder participar, debedes inscribirvos na plataforma Mobilizon

Software libre para fotógrafos, uso básico de darktable. Venres 15 de marzo

Rexistro: https://mobilizon.fr/events/f47505e5-c055-419d-9c5d-7c601982bcb5

Nos últimos 20 anos a fotografía experimentou un gran cambio tecnolóxico. A dixitalización provocou un crecemento exponencial da cantidade e calidade das fotografías que podemos facer, conseguindo así milleiros de arquivos, en distintos formatos, que teremos que xestionar. Para axudarnos, aparecen diversos programas especializados en catalogar, almacenar e procesar todos estes ficheiros. Neste obradoiro de software libre para fotógrafos explorarase o fluxo de traballo dunha fotografía e como podemos axudarnos con programas gratuítos de alta calidade, como Darktable, para facilitar a xestión diaria das fotografías que acumulamos.


Software libre para radioafeccionados. Venres 12 de abril

Rexistro: https://mobilizon.fr/events/0e39d53f-b800-4374-892f-b299f5a4896f

Dende os seus inicios, a radioafección estivo relacionada coa investigación técnica no campo das radiotelecomunicacións por parte dos afeccionados a esta tecnoloxía. A medida que a tecnoloxía de radio se dixitalizou, fíxose posible enviar e recibir comunicacións por radio entre ordenadores conectados tanto a Internet como transceptores. A dixitalización tamén permitiu o desenvolvemento da radio definida por software (SDR), que permite o tratamento (modulación, demodulación, filtrado, decodificación…) dos sinais de radio captados por unha antena. Neste obradoiro veranse diferentes softwares libres empregados polos radioafeccionados para facilitar o exercicio desta afección.


Introdución ao uso de nftables para construír devasas personalizadas. Venres 19 de abril

Rexistro: https://mobilizon.fr/events/feafca59-e14c-41b8-8cf8-0d5f4a33531d

Actualmente, no mundo hiperconectado no que vivimos, a seguridade informática é fundamental. Un elemento principal e imprescindible neste ámbito é o cortalumes, elemento que nos permite filtrar o tráfico segundo os nosos intereses, e que constitúe unha primeira gran barreira fronte á inmensidade de conexións que aparecen en calquera dispositivo conectado a Internet.

Comprender como se conectan os dispositivos de rede IP entre si é esencial para filtrar o tráfico e eliminar todo o que pode ser potencialmente perigoso para os sistemas e os usuarios.

O sistema GNU/Linux integra no seu núcleo unha estrutura que permite filtrar e manipular o tráfico dun xeito eficiente: nftables.

Neste obradoiro mostraranse as ferramentas que nos proporciona o proxecto Netfilter para construír cortalumes adaptados a cada necesidade que poidamos ter, dende redes sinxelas ata sistemas segmentados e complexos. Tamén se verán utilidades que usan nftables pero que facilitan a implantación para os usuarios, como firewalld.

https://www.galpon.org/