Depo Andainas

A Deputación de Pontevedra promove, a través do programa “Depo_andainas”, unha serie de rutas destinadas á poboación en xeral que discorren polos puntos máis emblemáticos da provincia. Son máis ca rutas de sendeirismo, son unha forma de vivir e coñecer os lugares máis espectaculares da provincia de Pontevedra, coñecendo as localidades e as súas xentes a través dos ríos e os bosques.

“Depo_andainas” é un programa gratuíto que oferta a Deputación de Pontevedra, que consta dunha serie de rutas nas que as e os participantes sentirán a natureza mentres camiña polos sendeiros.

Concello de Baiona

  • Apertura de inscricións: 05/09/2022
  • Peche de inscricións: 03/10/2022
  • Data de realización: 09/10/2022
  • Inscrición