Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres

Desde a Concellería de Igualdade difundimos o programa de actos que, xunto co Consello Municipal da Muller, organizamos no mes de novembro e decembro con motivo da conmemoración do 25N, Día Internacional da eliminación da violencia que se exerce sobre as mulleres.

Baixo o lema “Libres e feministas contra as violencias machistas” organizamos os seguintes actos na cidade: proxeccións dos filmes “Volar”, “Custodia compartida”, proxección das curtas “Miente” e “16 de decembro”, representación de obra de teatro “Comadres”, concerto a cargo do grupo “A banda da loba”, EnlazaVigo contra a violencia de xénero, e as xornadas formativas que terán lugar o día 30 de novembro e 1 de decembro.


Para asistir ás xornadas formativas é necesario realizar inscrición previa, enviando cuberto o formulario que podedes descargar en formato editable e envialo a xornadas.igualdade@vigo.org



Información completa do programa no arquivo adxunto.
Programa das xornadas formativas con formulario de inscrición en arquivo adxunto

ARQUIVOS ADXUNTOS:
programa_actos_25N_2002_Vigo_(1).jpg  1337 KB
programa_actos_25N_2022_Vigo_(1).pdf  1128 KB
diptico_xornadas_formativas_30_de_novembro_e_1_decembro_Concelleria_de_Igualdade._inscricion_editable.pdf  1077 KB