Día Internacional das Nenas nas TIC

O centro AtlantTIC da Universidade de Vigo celebra o Día Internacional das Nenas nas TIC (23 de abril) cun certame de fotografía e vídeo.

O obxectivo é poñer un gran de área na gran loita mundial contra a desigualdade tecnolóxica, un desequilibrio que se manifesta nunha chea de datos, por exemplo o feito de que só o 6% dos cargos CEO da industria tecnolóxica son mulleres.

Temática
A temática do certame é a visibilidade do rol das nenas e das mulleres no mundo das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC). A finalidade da iniciativa é amosar de maneira creativa a presenza feminina no ámbito científico en xeral, e na enxeñaría e nas TIC en particular, alentar as vocacións tecnolóxicas das nenas e contribuír á superación dos estereotipos de xénero.

Participantes
O certame está aberto á participación de todo o público en xeral.

Modalidades
Fotografía.
– Admitiranse obras en branco e negro ou en cor, realizadas mediante calquera técnica dixital (cámara fotográfica, móbil…).
– Admitirase unha única imaxe por autor/a.
– Deberá ser unha obra inédita e orixinal, non publicada anteriormente a través doutros medios.

Vídeo curto.
– Os vídeos deberán ter unha duración máxima de 1 minuto.
– Admitirase un único vídeo por autor/a.
– Deberá ser unha obra inédita e orixinal, non publicada anteriormente a través doutros medios.

Presentación dos traballos
– Enviaranse en formato dixital (BMP, GIF, JPG, TIF ou PNG) ao enderezo comunicacion@atlanttic.uvigo.es ou por transferencia de arquivos.
– Indicar “Certame Nenas nas TIC” no asunto do correo, xunto cos datos da persoa participante: nome e apelidos.

prazo para entregar propostas permanecerá aberto ata o 28 de maio ás 14.00 horas e outorgarase un premio económico de 70 € ao mellor traballo en cada unha das modalidades.

As pezas gañadoras serán seleccionadas por un xurado que valorará a capacidade de “crear obras orixinais, artísticas, creativas e con amplo significado”, e tamén terán en conta o interese e a adecuación á temática proposta pola organización. As obras gañadoras serán anunciadas a través da páxina web do centro o 4 de xuño de 2021.

http://atlanttic.uvigo.es/gal/certame-dia-internacional-nenas-tic/