Doazón de especies vexetais para a súa plantación en xardíns públicos da provincia de Pontevedra

O obxecto destas bases é regular o procedemento de concesión e xustificación para a doazón de especies vexetais, excedentes dos traballos de investigación en desenvolvemento na EFA, especialmente do xénero Camellia, para a plantación nos concellos, centros educativos, institucións ou asociacións e particulares, todos eles con xardíns abertos ao público, da provincia de Pontevedra, coa finalidade de enriquecer a diversidade botánica e o patrimonio vexetal dos parques e xardíns da nosa provincia, mellorando a oferta turística e a paisaxe e preservando os valores ambientais que poidan verse afectados pola execución dos xardíns. As fichas técnicas que se entregarán coas plantas, que inclúen a identificación das especies e información xeral, reforzarán o carácter educativo e turístico destes xardíns e das áreas integradas nestas doazóns

A Deputación informará das especies vexetais dispoñibles cada ano (anexo 1) e cada beneficiario poderá solicitar ata 35 exemplares de diferentes especies e/ou cultivares.

Para ampliar a diversidade e a finalidade didáctica da acción, en todos os casos se entregará un máximo de 5 exemplares da mesma especie ou cultivar persoa beneficiaria.

+Info: BOLETÍN OFICIAL DE PONTEVEDRA