“Elixe o teu futuro”: obradoiros teóricos prácticos de orientación profesional

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social, convoca uns obradoiros teóricos prácticos de orientación profesional e persoal co obxectivo de apoiar á xuventude no seu proceso de toma de decisións da súa traxectoria profesional, ao tempo que reforza a súa formación en habilidades transversais que melloren as súas oportunidades de emprego e emprendemento.


OBXECTIVOS
– Desenvolver as competencias de autocoñecemento e toma de decisión.
– Apoio na toma de decisión na futura traxectoria profesional.
– Promover a introspeción e coñecemento dun/ha mesmo/a.
– Apoio ao adestramento no proceso de toma de decisións.
– Apoio á orientación vocacional e o recoñecemento de habilidades e competencias profesionais.
– Mellora da autoestima na procura de emprego. Identificación e adestramento de habilidades emocionais.
– Formar en habilidades transversais.
– Mellora das oportunidades de emprego e emprendemento dos mozos e mozas.

DESTINATARIOS/AS: Mozos e mozas galegos/as e portugueses con idades comprendidas entre 18 e 30 anos.

LUGAR DE REALIZACIÓN

cuadro2


CONTIDOS

contidos

PRAZAS POR XORNADA: Un mínimo de 5 e un máximo de 25 persoas.

PRAZO DE INSCRICIÓN: Do 4 de novembro ás 12:00 horas do día anterior hábil á realización da xornada.

INSCRICIÓN: Mediante o envío de formulario electrónico.

ADMISIÓN
Será por rigorosa orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas en cada localidade. Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, de non recibir comunicación no día anterior á xornada, entenderase que non obtivo praza.

CUMPRIMENTO DA NORMATIVA DE PROTECCIÓN DE DATOS
Os datos persoais recadados neste programa serán tratados na súa condición de responsable pola Consellería de Política Social coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que se derive da xestión deste programa.
O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme as referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos.
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado comprométese ao cumprimento da súa obriga de segredo dos datos de carácter persoal e adoptará todas as medidas técnicas e de seguridade para asegurar a confidencialidade dos devanditos datos, así como evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, habida conta, en todo momento, do estado da tecnoloxía.

PROXECTO LIDERA

Esta iniciativa enmárcase no proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA), aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP), un proxecto que ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do  territorio. Conta cun orzamento de 1.428.692, 93 euros cunha cofinanciación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).

Esta iniciativa formativa forma parte da actividade “Cataliza” que ten como obxectivo mellorar, potenciar e impulsar a viabilidade dos proxectos e ideas da xuventude mediante a realización de actividades de tutorización e asesoramento individualizado, formación especializada e coaching persoal.

Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN