Elle Talent Project

A revista Elle xunto con IE Business School lanzan a IX edición de “Elle Talent Project” para mocidade emprendedora.

O obxectivo do concurso é premiar o talento e a mellor idea de negocio no mundo da moda, a beleza, o deseño ou a tecnoloxía.

prazo para o rexistro a través da páxina web de Elle e o envío das candidaturas permanecerá aberto ata o 22 de febreiro de 2022 ás 12:00 h. O prazo máximo para o envío do proxecto físico será ata o 1 de marzo de 2022 ás 24:00 h.

Poderán participar nesta promoción quen cumpra os seguintes requisitos:
– Persoas maiores de 18 anos de calquera nacionalidade residentes en España que teñan unha idea ou proxecto empresarial ou que estean a explotar no mercado a súa idea ou proxecto empresarial como máximo desde un ano antes da data da presentación da candidatura.
– O proxecto de empresa deberá estar relacionado coas áreas de Deseño, Moda, Beleza ou Tecnoloxía.
– Só se poderá presentar un único proxecto de empresa por persoa, aínda que cada proxecto poderá ir asinado por máis dunha persoa. No caso de que o proxecto sexa presentado por un equipo de traballo, é requisito indispensable que polo menos una das persoas sexa muller. Así mesmo, deberase designar previamente a identidade da persoa que representa ao equipo para os efectos de ser beneficiario do premio.

Dotación:
A proposta máis innovadora e viable recibirá 25.000 € para levala a cabo e unha bolsa para realizar un Master in Management ou un Programa de Executive Education en IE Business School valorado en ata 37.000 € (a condición de que a persoa gañadora cumpra cos requisitos de admisión de IE Business School).

https://www.elle.com/es/living/ocio-cultura/a38054851/elle-talent-project-2022-como-participar/