Emprega xuventude 2020

A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca o programa Emprega Xuventude coa finalidade de facilitar a inserción laboral das persoas mozas menores de 30 anos desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permaneceren no mercado de traballo, favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade.

Por medio desta convocatoria as empresas terán a posibilidade de obter axudas para a contratación indefinida inicial, a contratación temporal cunha duración inicial mínima de 12 meses e formación por conta allea

Inclúense dous tipos de axuda compatibles:

 Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial e a temporal, cunha duración mínima inicial de doce meses, das persoas desempregadas mozas menores de 30 anos.
– Bono de formación (opcional), dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo

Prazos:
– As solicitudes de axudas polas contratacións realizadas entre o 1 de outubro de 2019 e a data da publicación destas axudas deberán presentarse antes do 9 de marzo de 2020.
– As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida ou temporal pola cal se solicita subvención.

O prazo para a presentación das solicitudes de axudas estará aberto ata o 30 de setembro de 2020.  

As solicitudes están dispoñibles en https://sede.xunta.gal co código TR349T
+Info: no DOG do 7 de xaneiro de 2020 e en http://emprego.ceei.xunta.gal/portada-conselleria