Emprendemento Xuvenil de “Acción Contra el Hambre”

Desde o Itinerario de Emprendemento Xuvenil de “Acción Contra el Hambre” informan dun novo ciclo de talleres en liña, que se desenvolverán do 22 de febreiro ao 5 de marzo de 2021.

Neste novo ciclo analizarán e traballarán de maneira dinámica e práctica as diferentes áreas do emprendemento necesarias para lograr que un negocio sexa viable (modelo de negocio, márketing, plan económico, financiamento, comunicación, etc.).

O ciclo consta de 10 talleres en liña de 4 horas de duración cada un de 10:00 a 14:00 horas.

Luns 22 de febreiro. O reto de emprender, da idea ao mínimo produto viable.
Martes 23 de febreiro. Convertendo a túa idea nun modelo de negocio. CANVAS.
Mércores 24 de febreiro. Planifícao e dáte a coñecer: márketing e comercialización (I).
Xoves 25 de febreiro. Planifícao e dáche a coñecer: márketing e comercialización (II).
Venres 26 de febreiro. Como difundir a túa empresa na internet?
Luns 1 de marzo. Transforma a túa contorna! Economía circular.
Martes 2 de marzo. A túa idea en números: plan económico-financeiro.
Mércores 3 de marzo. Trámites administrativos: financiamento, axudas e protección de datos.
Xoves 4 de marzo. Comunicación e técnicas de venda.
Venres 5 de marzo. Experiencias de éxito e de adaptación ao cambio. Networking.

Requisitos
A condición para participar nos talleres segue sendo ser menor de 30 anos e estar rexistrado no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Coa novidade de que as persoas en ERTE tamén poderán darse de alta no sistema de Garantía Xuvenil, ademais das persoas en situación de desemprego e/ou que non están a estudar.

https://www.accioncontraelhambre.org/es/somosgeneracionin