Enquisa sobre mocidade e empresas sociais

Tes experiencia con empresas sociais? Estás a tratar de crear unha? Se é o caso, participa nesta enquisa!

A Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE) quere coñecer a experiencia dos mozos na creación de empresas sociais. Os datos recollidos na enquisa serán utilizados para un próximo informe sobre as empresas sociais dirixidas por mozas e mozos, e axudarán a formar diferentes estratexias para fomentar e acelerar a creación e o crecemento das devanditas empresas.

O fomento das empresas sociais dirixidas por mocidade ten a dobre vantaxe de proporcionar aos mozos/as postos de traballo e permitirlles ter un impacto na sociedade.

Para aproveitar o poder transformador das empresas sociais dirixidas por mozas w mozos, é importante que os responsables políticos teñan en conta as necesidades específicas e o potencial da mocidade emprendedora á hora de deseñar estas políticas. Deste xeito, as estratexias non se limitarán a crear postos de traballo, senón que tamén permitirán á mocidade ser actores do futuro.

Prazo ampliado: 30 de novembro de 2021

ENQUISA