Enreguéifate 2021

Os servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Pontevedra, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo convocan unha nova edición de Enreguéifate.

Un certame de regueifas en vídeo que ten como obxectivo difundir a regueifa como forma de improvisación oral e contribuír á promoción do galego. Os participantes deben presentar un vídeo en galego no que interactúen dúas persoas como mínimo, de temática libre e cunha duración máxima de 3 minutos. Establécense dúas categorías, unha para público xeral e outra para alumnado do ensino non universitario, e o xurado outorgará diferentes premios por cada categoría.

+Info: ENREGUÉIFATE 2021