Estadías de tempo libre para mulleres con fillos/as

A Secretaría Xeral da Igualdade convoca de estadías de tempo libre para mulleres soas, preferentemente vítimas de violencia de xénero, con responsabilidades familiares non compartidas.
Convócanse ata un máximo de 90 prazas para mulleres con fillas e/ou fillos ao seu cargo, residentes en Galicia.
As estadías terán unha duración de entre 7 e 9 días, en réxime de pensión completa, e desenvolveranse preferentemente entre finais do mes de xuño e principios do mes de setembro.
Os gastos de aloxamento, en réxime de pensión completa, traslado de ida e volta desde o seu concello de residencia, equipo de monitoras/es e actividades complementarias serán gratuítos para as persoas beneficiarias, e serán por conta da Secretaría Xeral da Igualdade.

Requisitos:
a) Ter fillas ou fillos menores e/ou menores en acollida, exclusivamente ao seu cargo e con idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos.
b) Non convivir con parella afectiva.
c) Estar empadroada e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
No caso das mulleres estranxeiras, tamén será necesario ter permiso de residencia e de traballo.
d) Que os ingresos brutos mensuais da solicitante non superen o límite do importe de 1,5 veces o IPREM vixente.
e) Non padecer ela, nin as fillas/os menores e/ou menores en acollida que a acompañen, unha enfermidade que requira illamento e/ou que impida a normal convivencia.

Para asistir ao programa, as mulleres beneficiarias irán acompañadas das súas fillas/os menores e/ou menores en acollida, exclusivamente ao seu cargo e con idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos, ambos inclusive, na data de presentación da solicitude.

prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 30 de xuño de 2021.
Se poden tramitar en https://sede.xunta.es co código de procedemento SI447A.
Maís información no DOG do 31 de maio de 2021 e en http://www.mulleresengalicia.es