#EUGreenWeek. Semana Verde Europea 2021

A Semana Verde Europea 2021 estará dedicada á “zero pollution ambition”: será unha oportunidade para comprometerse con todas as partes interesadas e cidadáns implicados en traballar xuntos para facer realidade a ambición dun medio ambiente libre de tóxicos e contaminación cero.

Por que é interesante participar? É unha boa oportunidade de mostrar os logros da túa organización ou cidade a un público máis amplo.

Que actividade podo elixir? O teu evento pode cubrir calquera tipo de actividade, xa sexa un taller, visita guiada, exposición, feira, xornada de portas abertas ou un encontro en liña…

Cales son os requisitos para participar? O único requisito é que sexa relevante para o tema de contaminación cero da Semana Verde UE 2021. Este tema vincúlase con diversos ámbitos, como industria, uso de produtos químicos, enerxía, mobilidade, agricultura e pesca, biodiversidade ou clima, entre outros moitos.

Quen pode participar? Calquera organización, como as autoridades municipais, as autoridades responsables do medio ambiente, empresas, asociacións, empresas privadas, ONG, institutos de investigación, universidades e colexios técnicos, medios de comunicación, grupos de cidadáns, grupos de mozos e mozas, partes interesadas doutros sectores (biodiversidade, natureza, auga, calidade do aire, turismo, educación, agricultura, transporte, empresas sostibles)…

Prazo: Ata o 12 de marzo para presentación de accións e solicitudes.

https://www.eugreenweek.eu/