Exames para embarcacións de lecer e motos náuticas

A Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro convoca exames extraordinarios teóricos e tamén exames ordinarios teóricos e prácticos para a obtención das titulacións que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer e motos náuticas en Galicia:

Prazos para os exames extraordinarios teóricos:
Convocatoria de abril de 2021. Matrícula: do 5 ao 16 de marzo, ambos inclusive.
Convocatoria de decembro de 2021. Matrícula: do 25 de outubro ao 8 de novembro, ambos inclusive.

Prazos para os exames ordinarios teóricos e prácticos:
Convocatoria de maio de 2021. Matrícula: do 5 ao 16 de abril, ambos inclusive.
Convocatoria de setembro de 2021. Matrícula: do 12 ao 23 de xullo, ambos inclusive.

A inscrición pode facerse en https://sede.xunta.es co procedemento PE616D para os exames extraordinarios e co procedemento PE616C para os exames ordinarios teóricos e prácticos.

O título de patrón/patroa para navegación básica poden obtelo os/as menores de idade que teñan cumpridos os 16 anos de idade no momento de realización das probas.
Para obter calquera das outras titulacións náuticas de lecer os/as interesados/as deberán ter cumpridos os 18 anos de idade no momento en que se realicen as probas para a obtención destes títulos.

Lugares de realización dos exames ordinarios teóricos e prácticos

Lugares de realización dos exames extraordinarios

Máis información no DOG do 4 de marzo de 2021