Expedición do Carné Xove

Unha tarxeta persoal e intransferible á disposición da mocidade galega, que a acredita como tal, e coa que obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das comunidades autónomas españolas e nos 40  países europeos adheridos ao programa do Carné Xove, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.

Os mozos e mozas que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 %, terán dereito á expedición gratuíta deste carné. Así como as persoas víctimas de violencia de xénero e os os seus fillos/as.


TRAMITACIÓN ELECTRÓNICA:

A tramitación electrónica afórrache desprazamentos e o carné enviaráseche por correo postal ao teu domicilio. A tendencia é a que o procedemento manual desapareza paulatinamente.

Poderás facer o trámite a traves de este enlace escollendo logo no botón (Tramitación en liña)
SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA


TRAMITACIÓN MODALIDADE FINANCEIRA:

O Carné xove na súa modalidade financeira (modelo combinado coa tarxeta Visa Electron Xove) pode solicitarse en calquera oficina de Abanca.

Neste caso, a persoa solicitante debe achegar á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado:

– O “exemplar para a administración” do formulario de solicitude (exemplar para a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado)

– O “exemplar para a administración” do xustificante de pago.


TRAMITACIÓN PRESENCIAL:

Documentación para facer o carné xove: Tes que cubrir a solicitude e o impreso de pagamento de taxas e presentar o DNI/NIE /Pasaporte en vigor, así como cumprir os requisitos de idade (maior de 12 e menor de 30)

1º PASO:

Descarga e cubre o impreso de solicitude.

2º PASO:

Realiza o pago de 6 euros de xeito electrónico ou descarga o modelo para facer o pago no banco a través da sede electrónica da Axencia Tributaria de Galicia no seguinte enlace: ATRIGA

Comproba nas seguintes imaxes os códigos que tes que seleccionar para proceder co pago electrónico. Fai clic na imaxe para facela máis grande.

1º Seleccionar pago de taxas e precio e iniciar taxa de acceso libre ao servizo.
2º cubre os códigos: Consellería 14, Delegación 41, Servizo 03, Taxa 363101, A ingresar 6€.
3º Cubre os teus datos persoais.

3º PASO:

Achégate a unha oficina expendedora para obter o teu Carné Xove aportando toda a documentación requerida. Enlace: centros expendores


+Info: OUTROS CARNÉS PARA A MOCIDADE