Exposición de Celeste Garrido no MARCO

Celeste Garrido (Marín, Pontevedra, 1972) ten unha ampla traxectoria en proxectos teóricos e expositivos moi relacionados coa identidade e con cuestións de xénero. Esta mostra, específica para o MARCO, está deseñada a partir dunha coidada selección de obras en distintos formatos –na súa maioría de nova produción– que constrúen un relato en torno á temática do corpo como material, como soporte, como suxeito e como receptor, con especial alusión ao corpo feminino e ao vestido como símbolo.

Datas:  2 outubro 2020 – 4 abril 2021

Lugar:  Sala de proxectos do 1º andar

Horario:  martes a sábados (festivos incluidos) de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00, domingos, de 11.00 a 14.30

Produción:  MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

Comisariado:  Miguel Fernández-Cid  Pilar Souto Soto

+Info: MARCO