Festival Internacional de Cinema de Bueu

O 17º Festival Internacional de Cinema de Bueu celebrarase do 6 ao 22 de setembro de 2024 na localidade de Bueu, e terá como obxectivo a proxección e promoción das mellores curtametraxes realizadas nos dous últimos anos no ámbito internacional.

A participación está aberta a todas as obras estreadas a partir do 1 de xaneiro de 2023, podendo concorrer creadoras e creadores de calquera nacionalidade, a condición de que cumprisen os 18 anos. Poderán presentarse obras de calquera xénero, cunha duración máxima de 30 minutos (títulos de crédito incluídos). Cada participante poderá presentar tantas obras como desexe. Non serán admitidos as curtametraxes que xa fosen presentados en edicións anteriores.

As curtametraxes poderán enviarase ata o 15 de abril de 2024.

Galardóns:
Primeiro premio: 2.000 € e trofeo.
Segundo premio: 1.000 € e trofeo.
Premio do público: 500 € e trofeo.
Mellor Curtametraxe Galega: 500 € e trofeo.
Mellor Curtametraxe Española: 500 € e trofeo.
Mellor Curtametraxe Descubertas: 500 € e trofeo.
Mellor Curtametraxe Galicia_00: 250 € e trofeo.
Mellor Curtametraxe de Escolas de cinema Internacionais: 250 € e trofeo.
Mellor Curtametraxe de Escolas de cinema galegas: formación audiovisual valorada en 250 € e trofeo.
Mellor Curtametraxe de Educación Secundaria: material audiovisual valorado en 150 € e trofeo.
Mellor Curtametraxe de Educación Especial, Infantil e Primaria: material audiovisual valorado en 150 € e trofeo.

* A sección Escolas Galegas terá as súas propias bases independentes que serán publicadas na web do festival no mes de maio de 2024.