A Deputación de Pontevedra convoca axudas para promover, fomentar e difundir as actividades encamiñadas á dinamización da lingua galega, co fin de potenciar o uso do noso idioma no ámbito socioeconómico e, en xeral, en todos os sectores de importancia que teñan repercusión social, e nas actividades que organicen as entidades culturais sen fins de lucro no seu termo municipal realizadas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2023.
Poderán ser obxecto de financiamento as seguintes accións:
a. Fomento da creación e difusión cultural en lingua galega
— Certames literarios e xornalísticos
— Creacións audiovisuais e literarias
— Feiras e eventos que promovan a creación en lingua galega
b. Sociolingüística e toponimia
— Estudos e publicacións sobre sociolingüística
— Xornadas e publicacións de recuperación da toponimia
c. Fomento do emprego do galego no comercio e na industria
— Xornadas, campañas e publicacións para a dinamización comercial en lingua galega
d. Recoñecementos e distincións
— Actividades literarias, accións e publicacións relacionadas coa conmemoración do Día das Letras Galegas ou que recoñezan o labor de persoas ou colectivos que aposten polo galego
e. Obradoiros orientados a reforzar o traballo a prol do uso da lingua entre a veciñanza
f. Producións de materiais en galego (documentación permanente, creativa ou publicitaria; revistas en papel e en formato electrónico, vocabularios, manuais e recursos para o lecer, xogos en galego, páxinas web e outros) que teñan como fin introducir ou estender o uso da lingua nalgún eido.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 23 de marzo de 2023.
Máis información no BOP de Pontevedra do 23 de febreiro de 2023