Subvencións para o fomento do emprego en asociacións sen ánimo de lucro

Esta convocatoria de subvencións, realizada pola Concellería de Cultura e Emprego do Concello de Vigo, ten por obxecto a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas ás entidades sen ánimo de lucro que operan no movemento veciñal, social, sindical, deportivo, empresarial e das comunidades de montes, constituídas legalmente como tales entidades sen ánimo de lucro, para actividades de fomento do emprego entre os veciños e veciñas de Vigo, realizadas ou pendentes de levar a cabo, dende 1 de outubro de 2020 ata o 31 de xullo de 2021.

+Info: BOLETÍN OFICIAL DE PONTEVEDRA