Co obxectivo de mellorar as competencias dos traballadores e a competitividade das empresas facilitando o acceso a unha formación personalizada e de calidade, Fundae conta coa plataforma de formación “Digitalízate Plus” pensada por e para o cidadán, orientada ao desenvolvemento profesional e persoal de traballadores e pemes. A plataforma será a porta de entrada para acceder a varios cursos.
A plataforma “Digitalízate Plus” en base ás procuras e preferencias, suxerirá unha serie de accións formativas. Ademais, conta con espazos para Pemes, formadores, traballadores en ERTE, mozos, Autónomos e Economía social. Así, esta plataforma está orientada á cidadanía para ofrecer unha formación personalizada segundo perfil do cidadán ou da cidadá e dese feito facilitar a adquisición de competencias en función das tendencias do Mercado.
Accede á plataforma e comeza o teu novo curso entrando na seguinta ligazón!