Galego sen Fronteiras

A Real Academia Galega convoca a XXXIV Edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas destinados a persoas de fóra de Galicia.

Os cursos realizaranse en Santiago de Compostela entre o 3 e o 24 de xullo e contarán cos seguintes niveis:
— Nivel elemental. O alumnado deste nivel distribuirase previsiblemente en dous grupos, segundo o grao de comprensión da lingua, mediante a realización dunha proba de nivel.
— Nivel medio, destinado a quen xa realizou o curso elemental ou demostre un coñecemento básico do idioma mediante a realización dunha proba de nivel.
— Curso superior de lingüística e de literatura galegas, para quen cursou o nivel medio ou acredite un bo dominio da lingua galega.

Para inscribirse nos cursos unicamente se require ter cumpridos 18 anos e enviar a ficha de inscrición á secretaría dos cursos ao enderezo cursos@academia.gal

A organización ofrece 45 bolsas por un importe de 400 € para persoas residentes fóra de Galicia e 4 bolsas de 600€ reservadas para persoas procedentes de América Latina; nos dous casos haberá exención de pagamento de matrícula. E, ademais, 15 bolsas que eximen do pagamento da matrícula.

O prazo para a recepción das solicitudes estará aberto ata o 5 de abril de 2024.

Máis información
https://academia.gal
cursos@academia.gal
881 995 268 – 881 812 822