Grandes xogos teatralizados sobre cultura e lingua galega

Co fin de promover o uso do galego entre a infancia e a mocidade, así como de poñer en valor o patrimonio cultural da nosa terra, lanzamos, no marco da Rede de Dinamización Lingüística, e coa financiación do Fondo Xacobeo, o programa Vive a Lingua, composto por dous xogos diferentes:

a) A casa do Mago (8-12 anos): Meigas, trasnos e outras personaxes mitolóxicas precisan do Mago para solucionar os seus problemas… Pero o Mago non é quen de arranxalos sen a axuda dos nenos e nenas participantes!

Xogo de pistas no que, en grupos, as participantes terán que realizar distintas probas acompañadas das variopintas personaxes teatralizadas por monitores e monitoras.

b) O misterio das pantasmas (13-17 anos): Algo está a facer que os homes e mulleres que foron importantes para a historia da lingua e a literatura galega non poidan descansar en paz! Que estraño misterio está a perturbar o seu descanso?

Xogo de investigación no que a rapazada terá que resolver enigmas, descifrar códigos e, sobre todo, interactuar coas diferentes personaxes históricas para acceder á información e resolver o misterio.

http://aventeira.com/vive-a-lingua/