Historias da historia

Zenda Libros convoca o concurso de Relatos Historias da Historia

Escribe un relato ambientado en calquera momento histórico que che pareza relevante ou interesante, desde a guerra de Troia ata a chegada do home á Lúa. Ponche na pel dun personaxe histórico de calquera época e lugar; imaxina que es Napoleón, Cleopatra, Marie Curie, Gutenberg, Aristóteles…, e participa no novo concurso de Zenda Concurso de Relatos Historias da Historia.

O obxectivo desta convocatoria é promover a escritura e ofrecer aos usuarios a posibilidade de gañar un premio en metálico.

As historias deberán ser orixinais e inéditas, e non deberán vulnerar en ningún modo dereitos de propiedade intelectual e industrial, protección de datos ou de calquera outra índole, de terceiros.

A extensión mínima dos textos é de 100 caracteres. A máxima é de 1.000 palabras.

Para poder participar no concurso será necesario escribir na internet unha historia, real ou ficticia, ambientada en en calquera momento histórico. Dita historia debe ser publicada na internet mediante unha entrada nun blogue, en Facebook cunha anotación, en Twitter cun tweet ou un fío, ou en Instagram mediante unha publicación ou unha historia destacada. Ademais, poderán difundir o texto nas redes sociais mediante o hashtag # HistoriasdelaHistoria.

Importante: unha vez os usuarios publicasen a historia nos seus blogues, contas de Facebook, de Twitter ou de Instagram, terán que inscribirse no Foro de Zenda.

Duración da promoción: ata o domingo 3 de outubro de 2021 ás 23:59. O mércores 6 de outubro publicaremos en Zenda unha selección cos 10 relatos que optan aos premios. O venres 8 de outubro de 2021 difundiranse os nomes do gañador e dos dous finalistas.

Poden participar escritores afeccionados e profesionais, así como blogueiros e usuarios de redes sociais, maiores de 18 anos de calquera parte do mundo.

O primeiro premio está dotado con 1.000 € en metálico.
A dotación para os dous gañadores do segundo premio é de 500 € en metálico para cada un.

Máis información
https://www.zendalibros.com/historias-de-la-historia-nuevo-concurso-de-zenda/