I Concurso You Move, Como entende a mocidade a política?

GECIS, Grupo de Estudos Cívicos e Innovación Social convoca o I Concurso You Move, Como entende a mocidade a política? Trátase dun concurso dirixido á mocidade entre 18 a 29 anos.

Para participar elabora calquera tipo de contido gráfico: memes, viñetas, cancións, vídeos tipo tik-toks (reels), composicións fotográficas, ilustracións, etc.

Cando o teñas, envíao ao correo: youmovegecis@gmail.com ata o 19 de maio.

Todos os contidos que se presenten ao concurso deben de ser orixinais e de creación propia.

As persoas gañadoras serán elixidas por unha comisión e tamén se terán en conta os votos e likes que consigan.

Premios:
– Primeiro premio: 100€
– Segundo premio: 70€
– Terceiro premio: 50€
– Ácessit (en función de likes): 50€
Ademais tamén se sortearán tres cheques de 10€.

Prazo: 19 de maio de 2021

https://www.instagram.com/p/CN2wBnKB27h/