I Premio Asubío de novela Infancia e Mocidade pola Inclusión

O I Premio Asubío de novela Fundación María José Jove (FMJJ) Infancia e Mocidade pola Inclusión ten como obxectivos promover o fomento e a creación de obras literarias que aborden o tema da infancia e da mocidade en risco de exclusión social e que favorezan o coñecemento sobre este tema, nomeadamente entre a xente nova.

A concorrencia ao galardón, dotado cun premio único de 10.000 euros, está aberta a autores/as de calquera nacionalidade ou residencia, maiores de idade, que presenten unha obra literaria individual, orixinal e inédita de extensión mínima de 150 páxinas escrita en castelán ou en galego baixo a temática da infancia ou mocidade en risco de exclusión social (infancia e/ou mocidade actual, recordos da infancia e/ou de mocidade, novela de aprendizaxe ou memorias literarias, tanto na súa vertente real como imaxinaria) e con contidos arredor da discapacidade, sistema de reforma ou medidas de reeducación, infancia ou mocidade estranxeira non acompañada, en sistema de protección social ou contorna familiar próxima con alcoolismo ou drogodependencia etc.

O prazo de presentación de obras estará aberto ata o 30 de setembro de 2021

https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647067&name=DLFE-22646.pdf