I Premio #Mulleres no foco

Constitúe o obxecto destas bases regular a convocatoria dos Premios #Mulleres no Foco, cuxa finalidade é incentivar, apoiar e recoñecer o papel das profesionais galegas do audiovisual, incidindo de forma directa na participación e na promoción destas no sector.

Os premios recoñecerán a achega destacada de profesionais no audiovisual galego, preferentemente, a través dunha obra realizada e presentada ou un labor profesional especialmente salientable levado a cabo durante o ano 2020, ou como recoñecemento a unha traxectoria profesional consolidada.

+Info: BOLETÍN OFICIAL DE PONTEVEDRA