I TORNEO AUTONÓMICO DE LOL

A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social promove o coñecemento, a formación e o ocio ao redor dos videoxogos a través da organización do primeiro torneo a nivel autonómico do coñecido xogo LOL (League of Legends).

Trátase dun proxecto pioneiro en Galicia que está tendo lugar, desde principios de outubro e ata finais de novembro, nos 12 Espazos Xoves xestionados pola Administración autonómica, co fin de favorecer a participación de mozos e mozas da zona e da contorna próxima.

Os obxectivos do programa son os seguintes:
Ofrecer espazos para que a xuventude poida participar en actividades de ocio e de tempo libre vinculadas co sector dos videoxogos 
Ampliar o coñecemento, a formación e as oportunidades laborais que ofrece esta industria emerxente
Promover un uso educativo e responsable dos videoxogos

+Info: xuventude.xunta.es