II Premio de Novela da Galicia Rural

O Concello de San Xoán de Río, co apoio e patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a colaboración da Editorial Galaxia, convoca o «II Premio de Novela da Galicia Rural».

Poderán optar ao «II Premio de Novela da Galicia Rural» aquelas autoras e autores que presenten novelas orixinais e inéditas, non publicadas ou divulgadas, en todo ou en parte, por calquera medio físico ou electrónico, escritas en lingua galega.

As obras deberán ter unha extensión mínima de 100 páxinas, en letra Times New Roman 12, interliñado 1,5 e marxes inferior e superior de 2,5 cm e marxes esquerda e dereita de 3cm.

Cada proposta deberá ser presentada exclusivamente en papel, entregándose 6 copias, impresas a dobre cara, debidamente encadernadas baixo lema e sen ningún dato que identifique á autora ou autor. No envío incluirase un sobre pechado que deberá conter no exterior o lema elixido e no seu interior os datos de autoría correspondente: Nome e apelidos, DNI, enderezo postal, enderezo electrónico, teléfono de contacto e unha declaración xurada na que se indique que se presenta unha obra totalmente orixinal e inédita. Estas propostas serán enviadas ao Concello de San Xoán de Río, Praza Gabino Rodríguez Álvarez, 1, 32770, San Xoán de Río, Ourense, indicando no exterior do sobre «II Premio de Novela da Galicia Rural».

As propostas serán enviadas antes do 15 de decembro do 2021

O premio consistirá na edición da obra por parte da Editorial Galaxia, unha contía en metálico de 2.000 €, máis a entrega dun diploma acreditativo.

https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647067&name=DLFE-22928.pdf