III Concurso De Ciencia Luís Gustavo Rodríguez Taboada

O IES Laxeiro de Lalín convoca o III Concurso De Ciencia Luís Gustavo Rodríguez Taboada.

O obxectivo do concurso é promover o espírito crítico, a curiosidade e a busca do coñecemento para contribuír a desenvolver a sostibilidade ambiental, económica e social, a través da innovación e a solución de problemas individuais e globais.

Este ano o concurso será fotográfico e o tema: Economía circular

O concurso pretende potenciar o concepto de economía circular e promover a súa integración na vida diaria, impulsando a participación activa na protección e mellora do medio e a divulgación de ideas a través da fotografía. Búscanse imaxes que exemplifiquen de maneira positiva, emocional e comprometida este novo modelo de sociedade, que debe imitar a natureza, no que os residuos se convertan en recursos, onde prime o aforro enerxético e onde a innovación sexa o motor que impulse este saber facer.

O concurso está aberto a todo o alumnado de ESO, bacharelato e formación preofesional dos institutos públicos e concertados.

Establécense catro niveis:
A.- Para alumnado de 1º e 2º ESO.
B.- Para alumnado de 3º e 4º ESO.
C.- Para alumnado de 1º e 2ª de bacharelato.
D.- Para alumnado de formación profesional.

A participación poderá ser a título individual ou en equipo. Todos os participantes deberán estar nun dos cursos do nivel polo que participan.

O alumnado participante debe enviar:
– Unha fotografía en formato JPG, ou ben unha secuencia (de 2 a 4 fotografías relacionadas). Non se aceptarán fotomontaxes, collage nin fotografías retocadas con programas informáticos.
– Título e breve explicación do concepto que se quere plasmar. O texto non poderá exceder dos 400 caracteres con espazos.
– Un certificado do centro educativo no que curse os seus estudos; este documento debe indicar asemade o curso no que está matriculado e a localidade onde se sitúa o centro.
– Solicitude de inscrición no concurso na que se indicarán tódolos datos que se requiren. A presentación de solicitude, entrega do traballo e documentación requerida realizarase a través do formulario de inscrición ao concurso

Calquera dúbida pódese remitir ao seguinte enderezo electrónico: concursoluisgustavo@ieslaxeiro.com

prazo de presentación estará aberto ata o 30 de maio de 2022.

Establécese un único premio por nivel de 200 €. Os premios serán entregados en metálico. Ademais, remitirase un diploma acreditativo.

https://sites.google.com/ieslaxeiro.com/concursoluisgustavo/inicio