III Concurso de ideas “Luisa Villalta” de proxectos culturais pola igualdade

A Deputación da Coruña convoca o III Concurso de ideas “Luísa Villalta” de proxectos culturais pola igualdade.

O concurso ten por obxecto o fomento da igualdade mediante a realización de proxectos que poñan en valor o papel histórico, económico, social e cultural das mulleres e/ou contribúan de forma relevante ao avance no asentamento social da aposta pola igualdade de xénero, a loita contra a violencia de xénero, a diversidade sexual e intersecionalidad.

Convócanse 8 premios, por un importe máximo de 12.500 € cada un para facilitar o desenvolvemento do proxecto.

Os proxectos poden orixinarse a partir dalgún dos diferentes campos artísticos: son (música…), palabra (literatura, investigación…), escena (teatro, danza…), artes plásticas, imaxe (audiovisual, fotografía, curtametraxe, documental…) ou outros entornos creativos (arte urbana, arte dixital…).

prazo de presentación das candidaturas estará aberto ata ás 14:00 horas do 30 de abril de 2021

Máis información no BOP da Coruña do 23 de marzo de 2021

https://www.dacoruna.gal/cultura/premios/i-concurso-ideas-luisa-villalta-proxectos-culturais-pola-igualdade