III Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil

Baía Edicións e Política Lingüística da Xunta de Galicia convocan o III Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola igualdade.

Poderán concorrer ao premio todas as autoras e autores de calquera nacionalidade que presenten os orixinais escritos en lingua galega conforme a normativa vixente.
As obras deberán atender ao concepto de literatura infantil non sexista e coeducativa en calquera dos seus aspectos, introducindo elementos críticos que cuestionen o modelo social sexista dominante.

As obras a concurso deben ser orixinais, inéditas e non premiadas. O feito de participar implica o compromiso de non optar a outros premios coas mesmas obras mentres non se resolva este, compromiso que se estenderá máis aló da resolución de resultar gañadora.

A obra, que se publicará como álbum ilustrado, non deberá exceder os 5000 caracteres (espazos incluídos).
Enviaranse seis copias da mesma en papel, mecanografadas a dobre espazo e debidamente encadernadas a:
Baía Edicións
Polígono Pocomaco, 2.ª Avenida. Parcela A2 / Nave 52.
15190 A Coruña.

prazo de recepción de orixinais estará aberto ata o 8 de marzo de 2021.

+Info: BAÍA EDICIÓNS