III premios Valedora do Pobo

A Valedoría do Pobo, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo, resolve convocar os III premios Valedora do Pobo aos mellores traballos fin de grao (TFG) e traballos fin de máster (TFM) en materia de igualdade e dereitos das mulleres.

Requisitos
– Os traballos deberán destacar polo seu elevado valor en materia de igualdade e dereitos das mulleres.
– Os dereitos sobre os traballos presentados non poderán estar cedidos a terceiros con carácter de exclusividade.
– Os traballos deberán ter sido lidos, defendidos ou xulgados e aprobados, segundo proceda, ante calquera universidade galega durante o curso académico 2021/22.
– Os traballos serán presentados en idioma galego ou castelán. No caso de que se presentasen en idioma distinto dos anteriores, deberá achegarse tradución.

O prazo para presentar traballos estará aberto ata o 15 de novembro de 2022.
Máis información no DOG do 21 de setembro de 2022 e en www.valedordopobo.gal