Infancia e a Adolescencia Hoxe: Historias de Vida

Xa está dispoñible o Programa das VII Xornadas de Saúde Emocional na Infancia e a Adolescencia que  baixo o título “Infancia e a Adolescencia Hoxe: Historias de Vida” organizamos en Vigo o24 e 25 de Abril de 2020 en Vigo, dirixidas tanto a profesionais da clínica, a educación e o social que traballan con infancia e adolescencia, como a nais e pais.Ata o 15 de Marzo podedes beneficiarvos do prazo de inscrición reducida!!!. 
Contaremos con estupendos/as relatores/as, un ano máis, entre os/as que destacamos:

– Joseph Knobel Freud: Director da Clínica Psicanalítica con Nenos e Adolescentes de Barcelona, sobriño-neto de Sigmund Freud, e un dos conferenciantes sobre infancia e adolescencia máis demandados en España e América. Autor dos libros “El reto de ser padres”, “Mi hijo es un adolescente”, “Navegar en el inconsciente: La creatividad en la terapia de las adicciones”.- Jordi Planella Ribera: Catedrático de Pedagoxía Social da Universitat Oberta de Catalunya. Autor dos libros “Acompañamiento social”, “Cuerpo Cultura y Educación” y “Pedagogías Sensibles”, entre outros- Jerónimo Bellido Pérez: Psicólogo Clínico, Sociólogo e director del Instituto Wilhelm Reich – Europa
Podedes consultar o programa completo na seguinte ligazón ou nos arquivos adxuntos:
http://aseiagalicia.gal/vii-xornadas-de-aseia-ano-2020/

Agardamos vervos en Abril. Saúdos