O Instituto galego da Cinecia, Igaciencia, convoca o concurso Inventa en Galego.
O concurso céntrase en crear programas en App Inventor por un equipo de alumnos e alumnas de Primaria ou Secundaria de Galicia, presentados por un ou unha profesor/a.
En que consiste?
Os participantes deben facer un programa en App Inventor, crear un proxecto, crear a interface gráfica, facer a programación por bloques correspondente e probar o funcionamento da aplicación no móvil ou tableta.
Temática: As App versarán sobre programas útiles co móbil, realizados con AppInventor, do MIT, e relativos a calquera aspecto de Galicia. Ao menos no idioma galego (pode ter máis). Valoranse programas que acollan a recollida de datos de sensores (por exemplo, recollida de medidas de peso dun aparato medidor con Bluetooth e resumo gráfico, recollida de datos de saúde dun smartwhatch por bluetooth ou doutros programas e resumo gráfico). Tamén que eses datos se garden nun servidor con MySQL, etc… Pero non son obligatorios estes temas, si preferentes.
Premios: un premio de 300 € e outro de 200 €.
Prazo de presentación dos proxectos: 1 de xuño de 2022.
As explicacións en vídeo dos programas poden ser incluídas na canle de Youtube de Igaciencia.