IV Certame de Cancións da UNED

Esta edición do certame faise en colaboración con POEMAS (Poesía para MÁIS xente. A poesía na música popular española contemporánea), proxecto no que se estudan as relacións entre a poesía e a música española contemporánea desde 1975.

Outorgarase un premio á mellor canción cuxa letra se inspire nun ou varios poemas da historia da poesía española desde a Idade Media ata 1975. Ademais da poesía en lingua española, poderá recorrerse a poemas de calquera das linguas cooficiais.

Cada candidato ou candidatos presentará unha canción inédita. Así mesmo, deberá encher un formulario en liña cun breve currículo e datos persoais, todo o cal será obxecto de valoración polo xurado.

O texto da canción, que haberá de ser enviado nun arquivo con letra Times new roman tamaño 12 e a dobre espazo, non poderá superar os 70 versos. A canción, que será enviada nun arquivo de audio en formato MP3, non poderá exceder os 12 megas de tamaño. O arquivo de audio deberá estar titulado co título da canción e este deberá coincidir co do arquivo de texto e co formulario de inscrición.

prazo de recepción de obras estará aberto ata o 31 de xaneiro de 2022.

Poderán participar compositores que o desexen que sexan autores orixinais da música. As letras, baseadas en poemas da historia literatura española desde a Idade Media ata 1975, poden estar escritas en calquera das linguas oficiais de España. En caso de ser distinta ao castelán, deberán incluír a tradución.

Entre todas as obras recibidas, o xurado seleccionará dúas cancións gañadoras, outorgando os seguintes premios:
– Premio xeral dotado con 1.000 euros.
– Premio categoría UNED dotado con 500 euros.