IV Premio de Novela Vilar Ponte

O Concello de Viveiro convoca o IV Premio de Novela Vilar Ponte, un certame que naceu coa finalidade de lembrar aos escritores Antón e Ramón Vilar Ponte e, asemade, apoiar e difundir a literatura en lingua galega.

As obras terán unha extensión e temática libre.
De cada orixinal presentaranse catro copias en papel, en tamaño DIN A4, impresas a dobre espazo e, cada unha delas, debidamente grampada, cosida ou
encadernada.
Os orixinais presentaranse sen firma, con título, cun lema e utilizando o sistema de plica. Non poderán levar ningunha inscrición que poida suxerir o nome do autor ou autora.
Presentarase, ademais, un sobre pechado no que figure por fóra o devandito lema e o título da obra. Dentro do sobre incluirase nome completo, dirección e teléfono do autor ou autora, así como unha fotocopia do DNI e unha declaración responsable conforme a obra se axusta ás normas establecidas nestas bases.
Só se abrirá o sobre dos traballos premiados.

O prazo de presentación estará aberto ata o 30 de xullo e o lugar para enviar os orixinais será o Concello de Viveiro. Praza Maior, s/n, 27850 Viveiro. Lugo, facendo constar no exterior “Para IV Premio de Novela Vilar Ponte”.

Haberá un primeiro permio de 4.000 euros e un segundo de 1.000 euros, coas súas correspondentes placas e diplomas.

BASES