IV Premio Laudamuco para Textos Teatrais 2022

O Concello de Brión convoca o IV Premio “Laudamuco” para Textos Teatrais

Poderán optar ao premio todas as autoras e autores de calquera nacionalidade que presenten obra dramática inédita e nunca antes premiada, sempre que estea escrita en lingua galega.

A dotación económica do premio será de 7.000 euros e a edición da obra gañadora, que correrá a cargo de Edicións Positivas.

O tema e a extensión da obra será libre. De cada obra presentaranse cinco copias asinadas cun lema, en paquete sen remite, dirixido á Casa da Cultura de Brión, Carballeira de Santa Minia nº 5, C.P. 15865, Brión (A Coruña).
Deberase indicar no exterior do sobre “IV Premio Laudamuco para Textos Teatrais, 2022″
Nun sobre anexo pechado deberá figurar, no exterior, o lema e conter, no interior, os datos persoais da autora ou autor:
nome, apelidos, DNI, enderezo postal, número de teléfono, correo electrónico e currículo da autora ou autor.

O prazo de admisión de orixinais estará aberto ata o día 11 de febreiro de 2022.

Máis información no BOP da Coruña do 17 de decembro e en http://www.concellodebrion.org/