IX certame de banda deseñada AX1

O IES Arcebispo Xelmírez e a Secretaría Xeral de Política Lingüística convocan o IX certame de banda deseñada “AX1”.

A través deste concurso, aberto á participación de estudantes de ESO, bacharelato e ciclos formativos de toda Galicia, procurase o fomento do noso idioma e da creatividade entre o alumnado de Galiza a través da banda deseñada.

Participación
Poderá participar todo o colectivo de estudantes de Galiza, en dúas categorías diferenciadas por idades:
– Alumnado de entre 12 e 15 anos.
– Alumnado de 16 anos en diante.

Temática
O tema será de libre elección.

Formato
Cada participante presentará un único traballo, en lingua galega, cunha extensión non inferior a dúas páxinas nin superior a dez páxinas Din-A4. Será decisión dos autores ou das autoras a técnica a empregar e a presenza ou non da cor nas obras.

Autoría
Poderá ser individual ou colectiva, se ben a concesión dos premios para cada unha das categorías non variará en función dese factor.

Prazo de presentación de traballos
O prazo de presentación de traballos estará aberto ata o 30 de xuño de 2021.

Presentación dos traballos
– Os ou as participantes no certame deberán enviar os seus proxectos a través do centro educativo no que estean matriculados, indicando claramente en que categoría concursan.

– Se optan polo correo electrónico, deberán enviar os traballos, a través do centro educativo, ao enderezo certameax1@gmail.com, en formato PDF, cun peso máximo de arquivo de 10MB.

Nos cómics non pode figurar o nome real dos ou das participantes, senón que se presentarán baixo un pseudónimo. A información persoal dos e das concursantes debe incluírse en outro arquivo anexo ao mesmo correo, co nome do pseudónimo elixido; nel deben figurar o nome e apelidos, a idade, o DNI e, de novo, a categoría na que se participa e o nome e enderezo do centro no que estean matriculados.

– Se o envío fose a través de correo postal, o traballo mandarase nun sobre pechado no que figure o título da obra e o pseudónimo elixido polo autor ou autora e a categoría na que concursa; dentro, noutro sobre tamén pechado, incluiranse os datos persoais indicados anteriormente (nome e apelidos, a idade, o DNI, categoría na que se participa e o nome e enderezo do centro no que estean matriculados).

Premios
Ademais da publicación na rede dos traballos finalistas, establécense os seguintes premios para cada unha das dúas categorías establecidas:
1º premio: 500 €
2º premio: 200 €

Cómpre recoller o premio persoalmente no acto de entrega, agás falta xustificada documentalmente. De non cumplirse esta condición o premio pasaría ao participante clasificado en seguinte lugar. Por este motivo, na acta de resolución do certame deberá figurar para cada categoría un aspirante en reserva.

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesarcebispoxelmirez/node/815