IX concurso de microrrelatos de Parada de Sil

O Concello de Parada de Sil convoca o IX concurso de microrrelatos

Os/as autores terán en conta que un microrrelato non é un conto, nin unha anécdota, nin unha ocorrencia. É un relato breve, caracterizado pola precisión no contar e no uso da linguaxe, así como por unha trama paradoxal e sorprendente.

Os microrrelatos serán de tema e estilo libre, poderán estar escritos en galego ou castelán e han de ser orixinais e inéditos. Cada autor/a só poderá participar cun microrrelato.

A extensión do texto non poderá exceder das 200 palabras, en formato DIN A-4, a dobre espazo, cun tipo de letra Times New Roman de 12 puntos.

prazo de entrega estará aberto ata o 30 de marzo de 2021.

A presentación dos traballos poderase facer a través dos seguintes medios:
– Correo electrónico dirixido a concursorelatos@paradadesil.es poñendo en asunto o título completo da obra. No devandito correo achegaranse dous arquivos en formato Word:
O primeiro conterá a obra e como nome levará o mesmo que o título do traballo.
O segundo titularase PLICA (nome do traballo). Conterá os datos do participante: nome e apelidos, ano de nacemento, dirección postal, email e teléfono, título completo do microrrelato, así como declaración xurada conforme o traballo remitido a concurso é orixinal e inédito. Todas as plicas gardaranse nun cartafol protexido e as obras serán lidas polo xurado de forma anónima.
–  Correo postal. Os traballos remitiranse por triplicado á seguinte dirección: “Concurso Microrrelatos, Concello de Parada de Sil”. Praza Campo da Feira nº 1. 32740 Parada de Sil. Ourense. Os textos enviaranse tan só co título e no interior, nun segundo sobre (plica) pechado, incluirase unha ficha co título do relato, autor, data de nacemento, dirección postal, email e teléfono así como unha declaración xurada conforme o traballo remitido a concurso é orixinal e inédito.

A decisión do xurado farase público o 7 de maio de 2021 e será inapelable.

Premios:
1º Premio: 1.000 €
2º Premio: 500 €
3º Premio: 300 €

A entrega do premio realizarase no acto de celebración do Día das Letras Galegas, que se celebrará no Concello de Parada de Sil o día 15 de maio de 2021.

www.paradesil.es