IX Premio Galicia de fotografía Contemporanea

O Festival Outono Fotográfico, a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia convocan o .

O obxectivo é promover a fotografía contemporánea e as cuestións éticas que expón, en xeral, a arte contemporánea con respecto ás formas de dominación e a imposición de límites ao pensamento. Promover a creación dun espazo fotográfico en Galicia que complemente ao creado durante máis de tres décadas polo Outono Fotográfico mediante o incentivo de propostas de carácter visualfotográficas por parte de autores/as tanto nacionais como estranxeiros.

Co proxecto fotográfico premiado produciríase unha exposición temporal que se inauguraría entre os meses de decembro de 2021 e xaneiro de 2022. A edición dun libro pertencente á serie «Premio Galicia de fotogafìa Contemporanea» da colección «OF» que se distribuiría en librerías.

As/os autoras/é participantes deberán presentar un proxecto fotográfico realizado en calquera data comprendida entre outubro de 2011 e outubro de 2021, e que non fose subvencionado ou bolseiro na súa totalidade anteriormente noutro certame, nin editado na súa totalidade en calquera soporte, con total liberdade respecto ao tema e á técnica.

O prazo de presentación das obras será desde o 28 de setembro ao 31 de outubro de 2021.

Os proxectos poderán presentarse de dúas formas:
Método 1. Comprimir os arquivos de toda a documentación solicitada na nun só arquivo [formatos admitidos: zip, rar, gz, tar, 7z] que non excederá de 20 Mb, e envialo desde o seguinte site: http://outonofotografico.com ir a INSCRICIÓN / ENROLLMENT / INSCRICIÓN
Método 2. Enviar o arquivo comprimido coa documentación completa solicitada nun CD, DVD ou pendrive USB, por correo ou por medio de calquera empresa de transporte a:

Difusora de letras, artes e ideas
Premio Galicia de fotografía contemporánea
San Benito da Veiga 33b
O Cimbro. Costa da Vela
32711 Sabadelle. Pereiro de Aguiar
Ourense.

Documentación a presentar:
1. Dossier onde se explique o proxecto fotográfico. Este dossier non terá unha extensión maior de cinco A4.
2. Ficha de inscrición cuberta.
3. Nun cartafol, non menos de 15 imaxes do proxecto, nomeadas co nome do proxecto e numeradas. Poderán conter, a modo de pé de foto, breves apunteos que vallan de aclaración ao xurado. As imaxes terán 1920 píxeles na súa medida mais longa e 144 dpi de resolución. Serán en formato JPG [compresión entre 9 e 11 en Photoshop]
4. Nun segundo cartafol, non menos de dez imaxes doutros traballos, perfectamente diferenciadas con nome distinto ao nome do proxecto presentado, e coas mesmas características técnicas descritas no punto anterior.
5. Escaneado ou fotografía das dúas caras do DNI ou páxinas identificativas do Pasaporte.
6. Currículo da autora ou autor.

prazo de presentación das obras estará aberto ata o 31 de outubro de 2021

O Xurado fará a selección de tres proxectos, que serán os finalistas. Os nomes dos autores ou autoras publicaranse o 8 de novembro de 2021 en www.outonofotografico.com e nas redes sociais do festival. 48 horas despois, o Xurado designará ao gañador ou gañadora.

http://outonofotografico.com/pdf/IX_Premio_Galicia_de_Fotografia_Contemporanea_Bases_2021-es.pdf