IX Premio Nacional de Ciencia e Tecnoloxía para estudantes de Bacharelato

O campus de Madrid de Saint Louis University convoca o IX Premio Nacional de Ciencia e Tecnoloxía para estudantes de Bacharelato

A competición ten como obxectivo promover o interese na ciencia e tecnoloxía entre os estudantes de bacharelato, recoñecendo o talento e alimentando o crecemento individual e colectivo entre aqueles que queiran enfrontarse ao reto da investigación científica e tecnolóxica.

O premio está dirixido a estudantes que teñan interese en continuar cunha educación superior nas áreas de ciencia ou tecnoloxía.

Os traballos de investigación poden ter un carácter teórico ou experimental e poden estar relacionados cun ou máis dos seguintes campos: física, matemáticas, química, bioloxía, ciencias ambientais, ciencias da saúde, enfermería, informática, tecnoloxía e enxeñería.

Prazo de inscrición: ata o 31 de decembro de 2021

Requisitos
A competición está aberta a estudantes que durante o presente curso académico estean a cursar estudos de Bacharelato (ou equivalente noutro sistema educativo) nun centro docente dentro do territorio español.

O traballo pode ser presentado de forma individual ou en equipo, cun máximo de cinco estudantes, e debe estar coordinado por, polo menos, un titor.

Premios
Primeiro premio de 1.000 euros.
Segundo premio de 500 euros.
Os/as estudantes gañadores/as recibirán un diploma acreditando a súa condición de premiados. Unha Mención de Honra ao titor/a, valorando o esforzo e labor de fomento da investigación en ciencia e tecnoloxía. Os centros docentes recibirán unha colección de libros de divulgación científica e tecnolóxica para as súas bibliotecas.

https://www.slu.edu/madrid/academics/departments/science-engineering/science-technology-national-award.php