Kit Dixital

O Programa Kit Dixital é un programa do Goberno de España, xestionado por Red.es, que ten o obxectivo de dixitalizar a pemes e autónomos de todos os sectores produtivos en todo o territorio nacional. A convocatoria das axudas encamiñadas a esta dixitalización de pequenas empresas de menos de 3 empregados.

As microempresas e autónomos poderán adquirir unha ou varias solucións de dixitalización das previstas no catálogo:

  • sitio web e presenza na internet
  • xestión de redes sociais
  • comercio electrónico
  • a xestión de clientes
  • servizos e ferramentas de oficina virtual
  • intelixencia empresarial e analítica
  • xestión de procesos
  • factura electrónica
  • comunicacións seguras e ciberseguridade
  • presenza avanzada na internet
  • Marketplace
  • Posto de traballo seguro.

A contía dos bonos será de 3.000 €.
Para solicitar a axuda, as empresas deberán primeiro rexistrarse na área privada de acelerapyme e completar o test de autodiagnóstico dixital, a continuación, consultar a información dispoñíbel das solucións de dixitalización no catálogo e finalmente, solicitar a axuda na sede electrónica de Red.es
O formulario para solicitar está aberto a través da sede electrónica de Red.es ata o 31 de outubro de 2025 ás 11:00.

https://www.acelerapyme.es/kit-digital