Lanzadeiras Conecta Emprego

Catro novas lanzadeiras de emprego axudarán a procurar traballo a 120 persoas na Coruña, Ourense, Santiago de Compostela e Vigo. As Lanzadeiras Conecta Emprego están apoiadas pola Xunta e impulsadas pola Fundación Santa María la Real e a Fundación Telefónica.

Trátase dun programa gratuíto de orientación laboral para guiar a persoas en situación de desemprego cara a reactivar a súa procura de traballo mediante a formación en novas técnicas e ferramentas, co obxectivo de que reforcen as súas competencias transversais e dixitais, para adaptalas ás demandas do mercado laboral.
En febreiro estrearanse catro novas lanzadeiras da Coruña, Santiago de Compostela, Ourense e Vigo, que permanecerán operativas ata finais de xullo de 2022. Cada unha delas ofrece un máximo de 30 prazas que poden ocupar homes e mulleres en paro ou desemprego, con idades comprendidas entre os 18 e os 60 anos.

As Lanzadeiras Conecta Emprego son ademais gratuítas e abertas a persoas con calquera nivel de estudos e experiencia profesional, que poden ter ou non

O prazo de inscrición nas Lanzadeiras estará aberto ata o 14 de febreiro e as persoas interesadas en participar poden realizar a súa inscrición de xeito presencial nas oficinas de emprego da Coruña (rúa Orillamar), Santiago de Compostela (rúa Ramón Piñeiro), Ourense (rúa Progreso) e Vigo (rúa López Moura); ou ben por vía telemática na web www.lanzaderasconectaempleo.es