Xuventude

Espazos de Lecer Infantil

 

globo Información xeral

Son espazos lúdico-educativos que empregan o xogo e o xoguete para procurar o desenvolvemento integral das nenas e dos nenos.

Nestes espazos ofértanse unha grande variedade de xoguetes e materiais lúdicos, axeitados ás idades e características dos e das rapaces e rapazas. Un proxecto socio-educativo que é a base do noso traballo e un equipo de profesionais do ámbito social, educativo e do lecer.


Servizos que se ofertan:

  • Salas para gozar da túa música.
  • Libros, cómics e contos.
  • Xogos e obradoiros sobre o medio natural ou empregando material de refugallo.
  • Xogos de mesa.
  • Xogos simbólicos e dramáticos.
  • Obradoiros.
  • Cine infantil.
  • Xogos de construción, quebracabezas, maquetas.
  • Xogos de exterior, xogos con material alternativo, xogos cooperativos, xogos predeportivos, e deportivos.

Outros servizos:

  • Colaboración con diferentes entidades e asociacións.
  • Asesoramento ás nais e pais.
  • Préstamo de xoguetes e libros.
  • Saídas e excursións.

globo Documentación requirida

  • Rexistrarse como participante na web. Primeiro deberá rexistrarse o/a pai/nai, titor/a para, a continuación, rexitrar ós/ás nenos/as.
  • Fotocopia da Tarxeta Sanitaria da Seguridade Social ou do seguro privado do/a neno/a.
  • Unha fotografía tamaño carnét.
  • Fotocopia do DNI/NIE, libro de familia ou pasaporte.

globo Horarios

Horario en periodo escolar: De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
Horario en vacacións escolares: de 7:45 a 15:15 horas.
* En xullo funciona como campamento formando parte do programa Verán Xove.
**O mes de agosto permanecerá pechada.

globo Idades

De 4 a 12 anos.

globo Contacto

Espazo de lecer da Casa da Xuventude
Enderezo: Rúa López Mora 31.
Tfno: 986 294 806.

Espazo de lecer do Pavillón de Coia
Enderezo: Pavillón deportivo. Avenida de Castelao s/n.
Tfno: 986 242 737.

Correo electrónico: ludotecas@vigo.org